jueves, 18 de octubre de 2012

O cadro eléctrico

O cadro eléctrico:

Este cadro eléctrico é un dos tres cadros que hai na miña vivenda unifamiliar. A casa está situada en A Gándara, A Guarda.

O cadro está composto por:

- Interruptor de control de potencia (ICP): ten a función de limitar o consumo total máximo da vivenda.

- Interruptor general automático (IGA): consiste en vixilar a intensidade que circula polos circuitos da vivienda e que non sobrepase un determinado valor.

- Interruptor diferencial (ID): encárgase da protección das persoas cortando automaticamente o suministro en caso de problemas na instalación e evitar así danos ou electrocutacións. Ten unha sensibilidade de 0,03A

- Botón do ID: Ten a finalidade de comprobar o funcionamento do ID.

- Pequeños interruptores automáticos (PIAs): controlan un determinado circuito da vivenda limitando a intensidade. 

Neste cadro eléctrico hai diversos PIAs:

- P.I.A. (a) : interruptor encargado do forno da cociña.
- P.I.A. (b) : interruptor encargado da lavadora
- P.I.A. (c) : interruptor encargado do lavapratos
- P.I.A. (d) : interruptor de forza. Controla as tomas de corrente que están repartidas pola vivenda.
- P.I.A. (e) : interruptor de alumbrado. Leva a electricidade aos aparellos de alumbrado.

2 comentarios: